RdO
COMUNICACIÓN CULTURAL é unha empresa
adicada á xestión cultural e á comunicación.
As nosas áreas de actuación céntranse fundamentalmente
na organización e coordinación de diversas actividades
relativas aos ámbitos das exposicións temporais,
os museos, a consultoría e xestión de productos
artísticos e culturais, o xornalismo, a labor editorial
e a xestión e coordinación de espectáculos
culturais. Dentro destas actividades, destacamos o labor de
comisariado, documentación, deseño, coordinación,
producción e difusión de exposicións para
diversas institucións públicas e privadas.
Ademáis,
en RdO COMUNICACIÓN CULTURAL contamos
cunha ampla experiencia no campo
da comunicación e o xornalismo. De aí que poñamos
unha especial énfase na difusión da información,
e que mimemos as nosas fluídas relacións cos profesionais
dos medios de comunicación.
Traballamos
cun amplo equipo de colaboradores habituais, entre os que se
encontran historiadores, críticos de arte, restauradores,
arqueólogos, antropólogos, arquitectos, deseñadores
e xornalistas. O traballo deste equipo, unido á dilatada
traxectoria profesional de cada un dos socios que integran
RdO COMUNICACIÓN CULTURAL capacítanos
para ofrecer proxectos de acción cultural na modalidade
chave en man, xestionando dende o primeiro momento tódolos
aspectos que integran cada proxecto: ofrecemos unha idea, a
desenvolvemos, planificamos a súa execución e
aseguramos a rendibilidade cultural, social e de imaxen correspondentes
a súa inversión.
Esta web recolle a traxectoria profesional de cada un dos socios
que integran
RdO COMUNICACIÓN CULTURAL.
|